O próximo martes 5 de outubro, en horario de 18:30 a 20:00, a Asociación GPUL organiza unha sesión de introdución sobre o shell de GNU/Linux no Lab 0.3w da Facultade de Informática da Coruña.

GPUL intro shell

A Shell de GNU/Linux, tamén coñecida como Consola ou Terminal de Comandos, pode ser de primeiras complicada se non se está acostumada a traballar con ela. Por iso, na Asociación GPUL, decidiron organizar unha sesión arredor da mesma, para ensinar ferramentas e alternativas que van facer unha experiencia de uso da terminal máis sinxela e cómoda para todas as persoas que queiran aprender a usala.

O evento está orientado ano novo alumnado de informática, pero debido a que se trata dun obradoiro introdutorio é válido para calquera persoa interesada en aprender un pouco sobre a terminal de GNU/Linux.

GPUL

GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria nada na Facultade de Informática de A Coruña. Apoian e difunden o Software Libre e a Cultura libre en xeral.

GPUL School

GPUL School é unha iniciativa que pretende achegar a membros máis noveis da comunidade universitaria, así como a calquera outro interesado, as tecnoloxías libres que lle sexan de utilidade o longo da súa carreira e vida profesional.

Máis información e inscrición

Pin It on Pinterest

Share This