O vindeiro sábado 2  de Setembro, a asociación Xeopesca, imparte no Centro Sociocultural de Caramoniña un obradoiro de iniciación a edición fotográfica. O horario do curso será de 10:30 a 13:30.  O obradoiro é de balde pero é preciso inscribirse a través desta ligazón.

Que é necesario para participar no obradoiro?

  • Traer o teu portatil co seu cargador .
  • Inscribirte no obradoiro.
  • Instalar a última versión de  GIMP.
  • Tamén podes traer calquera trebello que teñas para sacar fotografías, por se queres resolver dubidas ou compartir o teu coñecementos cos demáis.

Que aprenderás no obradoiro?

  • Manexarte con diferentes capas e as ferramentas que nos proporciona o GIMP.
  • Aplicar correctamente ferramentas como filtros, balances de cor,  brillo e contraste,  tono e saturación.
  • Escalado e exportación de imaxes.
  • Publicación de fotografías con licenzas libres.

Este obradoiro conta coa colaboración do Recuncho Maker que cedeu o espazo do Centro Socio Cultural de Caramoniña para a súa realización.

Esta actividade forma parte das que a Asociación Xeopesca realiza no marco do Convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para a difusión do software libre e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

 

Pin It on Pinterest

Share This