Obradoiro de iniciación a Arduino para adultos

Luns, 20 Setembro 2021
Obradoiro de iniciación a Arduino para adultos

O sábado 25 de setembro, en horario de 10:30 a 13:00, terá lugar o “Obradoiro de iniciación a Arduino para adultos” organizado pola asociación Amigus no seu propio local (Amigus Labs, Pz. do Hospital, 14. As Pontes).

Arduino

Arduino é unha plataforma de electrónica aberta para a creación de prototipos baseada en software e hardware libres fáciles de usar.

Neste obradoiro mostraremos as posibilidades que nos ofrece esta plataforma desde a programación, conceptos necesarios de electricidade e electrónica e dos diferentes dispositivos electrónicos que podemos incorporar aos nosos proxectos. O taller está enfocado a persoas adultas que queiran introducirse ás novas tecnoloxías.

Podes vir co teu computador portátil, recomendámosche traer instalado o Arduino IDE, atoparalo en https://www.arduino.cc/en/software Para calquera consulta non dubidedes de poñervos en contacto connosco en amigus@amigus.org

Inscrición

Para participar no obradoiro, aínda que se trata dunha actividade gratuíta, é necesario rexistrarse no formulario da web do evento. Actividade patrocinada pola Xunta de Galicia. Nota: O obradoiro está completo, pero podedes apuntarvos na lista de espera usando o mesmo formulario mencionado.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal