O próximo sábado 26 de outubro, en horario de 11.00 a 14.00 horas, organízase un novo obradorio gratuíto en Amigus Labs (As Pontes), nesta ocasión de utilización software e hardware libre para a edición e retoque de imaxes con GIMP e Raspberry Pi.

GIMP


GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros.

GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Raspberry Pi


Raspberry Pi, é un computador do tamaño dunha tarxeta de crédito que se pode conectar a un televisor e un teclado.

É un pequeno ordenador que pode ser utilizado para traballos comúns como as follas de cálculo, procesadores de texto, editores de gráficos e videoxogos. Tamén reproduce vídeo de alta definición.

Os últimos modelos teñen un prezo a partir dos 35€.

Programa

Introdución a Raspberry Pi
Hardware
Raspbian
Aplicacións
Conceptos teóricos sobre luz e cor
Traballando con GIMP
Edicións básicas de fotografía
Recortes e rotacións
Brillo, contraste e saturación
Nitidez
Prácticas
Edicións avanzadas
Capas
Máscaras
Curvas
Prácticas
Tipos de licenzas para publicar e usar imaxes
Creative Commons

Inscrición ao obradoiro

Para asistir ao taller é obrigatorio rexistrarse no formulario desta web. A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 25 de outubro (prazas limitadas).

Público obxectivo

Neste curso, búscase dotar aos participantes dos coñecementos e habilidades necesarios para crear contidos e imaxes de calidade, a través de ferramentas dixitais de software libre de retoque e deseño fotográfico.

GIMP adáptase ben tanto para usos profesionais e empresariais como para usos menos esixentes por parte de usuarios máis básicos, polo que este curso está dirixido a calquera perfil de usuario interesado en mellorar as súas imaxes.

Recomendacións para asistir ao curso

É recomendable levar un ordenador portátil co GIMP xa instalado (para seguir o curso e poder facer as prácticas propostas durante a clase), aínda que teredes a opción de usar os equipos de demostración coa Raspberry PI 4.

Ademais do ordenador, é aconsellable traer un rato e alfombrilla para el, debido a que o touchpad dos portátiles non é unha boa alternativa para traballar en programas de retoque fotográfico e deseño.

Tamén recomendan traer instalados os programas que se van ver durante o curso.

Organizan

Asociación Informática Amigus – Amigus Labs – Merca Nas Pontes

Patrocinan

Xunta de Galicia – Amtega

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This