O próximo 6 de xuño, en horario de 17.00 a 21.00, terá lugar o obradoiro de “Fabricación Dixital I”, organizado no Punto SmartPeme de Barro-Meis.
Este obradoiro pretende introducir aos asistentes ás novas tecnoloxías que están a cambiar os métodos de produción tradicionais, dando a coñecer un conxunto destas tecnoloxías que se coñecen como Fabricación Dixital.

Tecnoloxías

O curso divídese en 3 bloques principais.
No primeiro veranse os conceptos xenéricos sobre a Fabricación Dixital.

 

No segundo bloque abordaranse conceptos sobre Impresión 3D, e coñecerase o proxecto libre RepRap.

RepRap é a primeira máquina de fabricación autoreplicante de propósito xeral da humanidade, é unha impresora 3D de escritorio libre capaz de imprimir obxectos de plástico.
Dado que moitas partes de RepRap están feitas de plástico e RepRap imprime esas partes, RepRap autoreplícase facendo un kit de si mesma – un kit que calquera pode ensamblar co tempo e os materiais necesarios.

 

E xa no último bloque, os asistentes aprenderán a usar FreeCAD.

FreeCAD é unha aplicación libre de modelado 3D paramétrica, de código aberto, feita principalmente para deseñar obxectos da vida real de calquera tamaño, para a asistencia en enxeñería mecánica e o deseño de elementos mecánicos.

O modelado paramétrico permite modificar facilmente o teu deseño volvendo ao historial do modelo e cambiando os seus parámetros. Está baseado en Open CASCADE e programado nas linguaxes  C++ e Python.

Contidos do obradoiro

– Presentación do taller e declaración de obxectivos
Fabricación Dixital, en que consiste
– Impresión 3D I
– Que é unha impresora 3D? Para que serve, que podemos facer…
– Un pouco de historia, movemento, Rep Rap, métodos de impresión 3D
– Aspectos técnicos da impresora 3D FFF
– Obtención de modelos 3D
FreeCad I
– Que é  FreeCAD?. Descarga, instalación e  setup
– Primeiros pasos, menús e navegación
– Cubo, menú datos e vista, nomear, gardar, copiar
– Invisibilidade, traslado e unións
– Sistema de referencia, local e global – Rotacións
– Exercicios

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, experto en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.

Inscrición

Para solicitar praza no evento, é necesaria a inscrición previa a través desta web.

Máis información na web oficial do evento.

Pin It on Pinterest

Share This