O sábado 8 de outubro, terá lugar o “Obradoiro de Escornabot para familias” organizado pola asociación A Industriosa no seu local (rúa Barcelona 13, Vigo).

Escornabot

O Escornabot é un robot educativo de software e hardware libre.

Que é o xenial de que sexa así? Que podemos montalo con poucos compoñentes e pezas, ademais de que podemos melloralo como nos queiramos. Dende o deseño do chasis ata os circuitos ou o programa que fai que se mova. A imaxinación é o límite!

Neste obradoiro xuntarémonos para montar un Escornabot en familia. Aprenderemos que é o software e o hardware libre, como funciona o Escornabot, algunhas nocións básicas de electricidade e electrónica e o máis importante… como usar o noso novo amigo robótico. Non é necesario traer nada de casa, temos todo o necesario para montar o Escornabot. Aínda así podes traer o teu ordenador portátil para programalo ti mesmo e seguir fedellando na casa.

Nota: cada praza no obradoiro é para dúas persoas (un adulto e un menor). Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This