Obradoiro de Cartografía Colaborativa con drons

Martes, 16 Xullo 2019

O sábado 27 de xullo, en horario de 11.00 a 14.00 horas, Bricolabs (en colaboración coas asociacións GHANDALF e Xeoinquedos), organiza o obradoiro de “Cartografía Colaborativa con drons” dentro das sesións “entre Tuxes”, os cales forman parte do programa de actividades da OSHWDem 2019.

Localización

Por determinar.

Cartografía Colaborativa con drons

Obradoiro impartido por Pablo Sanxiao, @psanxiao no twitter.
Pablo Sanxiao é socio fundador de iCarto, empresa especializada no uso e desenvolvemento de tecnoloxías de información xeográfica. Apaixonado do software libre e as tecnoloxías participa en varias comunidades.
É cofundador da Asociación GHANDALF e do grupo galego de Geoinquietos (Xeoinquedos). Encántanlle os mapas e goza difundindo proxectos como OpenStreetMap.

A Asociación GHANDALF é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, cuxo fin é difundir e promocionar o coñecemento, a cultura e o software libre.
Xeoinquedos é a rama galega dos Geoinquietos, grupos locais que se reúnen para conversar e aprender sobre calquera tema relacionado co “geo” e as súas tecnoloxías.

Material necesario

É conveniente levar o teu propio portátil para a realización do obradoiro.

Descrición


Do dron ao mapa
Neste taller aprenderás como obter unha ortofoto (conxunto de imaxes aéreas para formar unha única imaxe) a partir das tomas fotográficas dun voo con dron, e como a partir destas xerar elementos para un mapa.

Para iso apoiarémonos en tres proxectos de software libre: OpenDroneMap, OpenAerialMap e OpenStreetMap.

Este taller está limitado a maiores de catorce anos. Se eres menor de idade deberás vir acompañado por un adulto, e debedes inscribirvos os dous.

Inscrición

Os obradoiros de “entre Tuxes” en Bricolabs son libres e gratuítos, pero existe aforo limitado. Para asistir a eles é necesaria a inscrición previa, a través dos formularios que atoparedes nas webs dos respectivos obradoiros:
– Sesión 08 «entre  Tuxes»: Cartografía Colaborativa con drons

Máis información na web oficial da OSHWDem ou no seu twitter.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal