O evento Amigus Lab Maker 18.4, que terá lugar o xoves 26 e venres 27 no Lar de ENDESA nas Pontes está organizado pola asociación Amigus e conta coa colaboración do Concello das Pontes de García Rodriguez e diversas empresas da vila.
Este evento forma parte da serie chamada Amigus Lab, que vai pola cuarta xornada deste ano; na que se trata de involucrar á cidadanía na tecnoloxía e no mundo “maker” facéndoos participes desta en primeira persoa, por tanto tentando converter ás persoas que participen destas xornadas en creadores de tecnoloxía.

Dentro desta xornada do evento hai varias actividades relacionadas coas tecnoloxías libres, como poden ser na zona Amigus Labs Kids, está enfocada nos nenos dende os 8 anos no que entre outras actividades tomarán contacto coa impresión 3D, un obradoiro de robótica onde se presentará o proxecto Garabullos nacido do Escornabot ou tamén a parte máis de obradoiro na que seguirán traballando no proxecto dun barco solar autónomo, en concreto nesta edición tentarán dotar ao barco da funcionalidade de navegación autónoma empregando para isto a ferramenta libre ArduPilot.

Na páxina web do evento pódese atopar máis información.

Pin It on Pinterest

Share This