Python Vigo organiza unha nova reunión na que Cristina Luna falará de “Python Espacial“, Román Pena Pérez rematará coa última das sesións da súa charla titulada “Lectura de matrículas con OpenCV y Python” e posteriormente haberá un oco para diversas charlas relámpago, nas que se conta con cinco minutos por cada unha, que poden ser charlas preparadas ou incluso improvisadas no momento.

O evento terá lugar o xoves 18 de outubro ás 20:00 horas no “coworking” de Kaleido en Vigo, para máis información sobre o evento pódese visitar a páxina web do mesmo.

Pin It on Pinterest

Share This