O grupo Python Vigo organiza a súa primeira reunión de 2019 o xoves 17 ás 20:00 no Coworking Kaleido.

Estas reunións teñen lugar unha vez ao mes e como finalidade difundir e dar a coñecer diversos aspectos e proxectos arredor da linguaxe de programación libre Python así como dinamizar a comunidade existente arredor da mesma.

A reunión deste xoves terá como evento principal a charla denominada “La serpiente y el cerdito” na que Clara Casas Castelo e Miguel Sánchez de León Peque nos contará como crear un peto intelixente e conectada mediante MicroPython. A maiores da charla principal tamén haberá outras charlas curtas ou “Lightning Talks” nas que calquera asistente pode comentar a súa experiencia relacionada con Python.

Dende Python Vigo tamén nos recordan que continúan buscando propostas para as futuras charlas.

Para máis información sobre o evento, pódese visitar a nova da súa páxina web.

Pin It on Pinterest

Share This