O xoves 13 de Setembro de 16:30h a 18:30h no CDTIC terá lugar unha sesión demostradora de Odoo co título de “Xestión comercial e administrativa dunha peme con software libre“.
Trátase dunha sesión demostradora de Odoo enfocado a microempresas e pemes co fin de mostrarlles os beneficios que pode aportar unha solución como Odoo para o seu negocio.
A sesión componse dunha presentación práctica dos módulos da última versión de Odoo enfocada na xestión comercial, administrativa e loxística dunha peme; que seguirá con unha explicación básica do funcionamento e a configuración dos módulos de CRM, vendas, almacén, compras e contabilidade.
Para consultar máis detalles sobre esta actividade organizada polo CDTIC e impartida por Anubía, empresa socia de Agasol, pódese acceder á páxina web do evento.