O curso sobre GIMP terá lugar o venres 31 de agosto en Betanzos ás 19:30.
GIMP é a ferramenta de manipulación de imaxes libre por excelencia, o seu nome ven das siglas en inglés de GNU Image Manipulation Program, trátase dun proxecto orixinado no ano 1995 e forma parte da comunidade Gnome.
Hoxe en día esta programa é unha excelente escolla tanto para realizar retoques en fotografías como para crear montaxes ou para realizar deseños dixitais. A súa interface de usuario está tanto en castelán como en galego e conta con versión para GNU/Linux, Microsoft Windows e Mac OS X.

O curso de GIMP está organizado pola agrupación fotográfica de Betanzos NFOCA8 e será impartido por Jorge Lama Varela, o cal publicou no seu blog a nova do curso. O evento está enfocado para persoas ás que lles guste a fotográfica e queiran coñecer técnicas par mellorar as súa fotografías, ten unha duración de 3 horas, será de balde para os socios de Nfoca8 e terá un custe de 3€ para as persoas non socias.
O alumno deberá levar un portátil e recoméndase ter GIMP xa instalado nel, para descargalo pódese acceder á páxina oficial de descargas.
Tanto para apuntarse ao curso como para recibir máis información deberase mandar un correo a Jorge Lama.

Pin It on Pinterest

Share This