O evento, chamado “Edita ‘pa diante!“, terá lugar o venres 16 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, comezará ás 9:30 e estenderase aproximadamente ata as 20:00 horas. Trátase dun Hackfest ou maratón entorno ao proxecto Galizionario.

O Galizionario é a versión galega do Wiktionary, unha iniciativa da fundación Wikimedia mediante a cal se creou un dicionario libre a aberto onde os propios usuarios son os que se encargan de engadir os contidos.

O maratón trátase dun evento de balde e aberto a todo o mundo e enmárcase dentro das actividades do Mestrado europeo en lexicografía (EMLex). A xornada comezará con varias charlas introdutorias ao proxecto para enfocar aos asistentes ao evento, posteriormente e ata as 19:30 todas as persoas asistentes que estarán organizadas en grupos traballarán engadindo novos termos e as correspondentes acepcións ao Galizionario.

Na páxina do evento pode atoparse información adicional sobre o evento, o programa completo, ademais de rexistrarse no maratón para poderen recibir o certificado de asistencia.

Pin It on Pinterest

Share This