O Software Libre é exemplo do éxito do modelo solidario, segundo unha asociación venezolana

O Software Libre (SL) é un tremendo exemplo do éxito do modelo solidario de produción e distribución de bens entre as comunidades que traballan para si mesmas, segundo asegurou o portavoz da Asociación Venezolana polo Software Libre, Felipe Pérez Martí…

Durante a súa participación no programa “En Confianza”, transmitido este mércores por Venezolana de Televisión (VTV), o ex ministro de Planificación explicou como o coñecemento, a difusión da información e o mesmo uso do Software Libre foi cambiando ao longo de dez anos.

«Antes, este tipo de programas era da competencia de sabios da informática. Actualmente, por un proceso progresivo de masificación, chega a todo o mundo, a todas partes do planeta e a toda persoa sen importar o seu estatus social», sinalou.

Do mesmo xeito, Pérez Martí explicou que o tema do Software Libre préstase a varios debates, pola súa capacidade de rescatar o carácter público da tecnoloxía.

Recordou que é sumamente importante o modelo participativo que suscita o SL, pois busca, en primeira instancia, a liberación do coñecemento, que de acordo con Pérez Martí, está secuestrado polas empresas que levan anos vendendo patentes sobre propiedades intelectuais que naceron para ser distribuídas libremente.

 

Fonte da nova: www.laflecha.net  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal