O 26 de maio de 17:00 a 20:00 horas, terá lugar, na modalidade virtual, o seminario “O software libre e a liberdade de elección tecnolóxica” no CNTG.

Vivimos rodeados de dispositivos tecnolóxicos que forman parte da nosa vida e polo tanto somos dependentes do seu software para poder utilizalos.

Ese software está, en gran medida, xestionado por empresas que nos atan a elas, obrígannos a un pago de licenzas e a un monopolio de produtos que non sempre cobren as nosas necesidades.
Se podemos elixir os nosos dispositivos, por que non escoller tamén o software que executamos neles?

Cada vez máis, o software libre é a resposta.

Obxectivos

– Coñecer as diferenzas entre o software libre e o propietario
– Entender as claves das licenzas libres
– Descubrir as posibilidades existentes de software libre para todo tipo de dispositivos e funcións

Relator

O relator da xornada será Enrique Castillo, instrutor certificado polo Linux Professional Institute, profesor titular en Factor Humano Formación – Escuela Internacional de Postgrado, con máis de 15 anos de experiencia no mundo IT, consultoría de software libre e instrutor en Linux.

Temario

– Diferenzas entre as licenzas tradicionais e as libres
– O software como ferramenta crave nas nosas día a día
– Aplicacións, usos e vantaxes do software libre
– Exemplos de aplicación do software libre no noso día a día

Inscrición

É necesaria a inscrición previa, que se realizará en liña a través do portal web do CNTG.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This