Mars Perseverance foi lanzada recentemente con éxito e explorará Marte. Un dos dispositivos que leva Perseverance é o helicóptero autónomo Ingenuity, dron que sobrevoará o ceo marciano capturando información.

Ingenuity

Este robot, un pequeno helicóptero autónomo de 1.2 metros de tamaño e un peso de 2 kg, conta cun sistema operativo Linux en tempo real e usa un framework de software libre chamado F prime.

O sistema operativo é responsable das operacións de alto nivel como a navegación visual baseada na análise de imaxes da cámara, datos de xestión, procesamento de comandos, xeración de telemetría e mantemento das canles de comunicación sen fíos.

F prime

F prime está desenvolto no laboratorio de propulsión JPL para varias aplicacións espaciais, especialmente para dispositivos de voo como CubeSats, SmallSats, …

Proporciona as ferramentas para ter un rápido desenvolvemento de sistemas de control de voo e aplicacións integradas relacionadas. O software de voo divídese en compoñentes individuais con interfaces de programación ben definidas.

ffmpeg

Preseverance tamén usa ffmpeg (software libre para traballar con vídeo). Usa ffmpeg para comprimir os vídeos que manda desde Marte á Terra.

O dron utiliza un altímetro láser de SparkFun Electronics, unha empresa de hardware de software libre e un dos creadores da definición de hardware de software libre (OSHW).

Animación

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This