A coñecida solución de software libre para a captura de escritorio, que permite gravación e emisión do que acontece na pantalla dunha forma profesional, acaba de liberar a súa versión 25.

Entre as novidades máis destacadas está a de que agora os usuarios que a empreguen en sistemas GNU/Linux contarán con un navegador integrado na aplicación e non terán que facer uso dun plugin a maiores, soporte do protocolo SRT para controlar o volume, así como outras correccións de erros.

Poden verse todos os detalles novos nas notas da versión.

Pin It on Pinterest

Share This