FlightGear ven de anunciar a versión 2020.3 do simulador de voo libre e profesional.

Esta nova versión non se trata dunha nova versión máis, senón que dende o proxecto sinalan que se trata da versión estable actual que ven a substituír a versión 2018.3 logo de dous anos de traballo.

Algunhas das novidades máis destacadas son:

  • Actualizacións de algunhas aeronaves
  • Optimizacións nas texturas que permiten unha carga máis rápida e menor consumo de memoria
  • Soporte de conexión á rede VATSIM a través de SWIFT
  • Uso por defecto do aeroporto internacional de Keflavík

FlighGear

FlightGear

FlightGear trátase dun simulador de voo multiplataforma que está liberado baixo os termos da licenza GNU GPL. Trátase dun proxecto que pretende dotar á comunidade dun simulador de voo sofisticado e válido para o uso en contornas académicas, de investigación, e mesmo profesionais.

As características máis importantes de FlightGear son:

  • Posibilidade de uso de múltiplos modelos dinámicos de voo, incluso se pode crear novos.
  • Conta con escenarios reais, entre os que hai arredor de 20.000 aeroportos.
  • Configuración dunha grande parte dos parámetros internos do simulador.
  • Requisitos de hardware moderados para a súa correcta execución.
  • Modelo do ceo detallado e con comportamento preciso.

Fonte das imaxes: https://www.flightgear.org/

Pin It on Pinterest

Share This