O sábado 9 de 11:00 a 13:00 no museo Domus da Coruña, Bricolabs organiza un obradoiro práctico arredor da ferramenta libre de deseño vectorial Inkscape.

Esta actividade está enmarcada dentro da serie “Descubrindo ferramentas libres en Bricolabs“, que deu comezo con dous obradoiros arredor de Gimp e na que se pretende dar a coñecer diversas aplicacións libres mediante obradoiros prácticos.

No obradoiro desta semana, Jorge Lama, impartirá un obradoiro práctico arredor de Inkscape, trátase dunha ferramenta libre e multiplataforma de deseño vectorial mediante a cal se poden debuxar diversos deseños como por exemplo logotipos, diagramas, carteis… Para inscribirse a esta actividade hai que enviar un correo a jorgelamavarela@gmail.com.

Pin It on Pinterest

Share This