O “Arduino Day” é unha celebración anual que se realiza a nivel mundial para visibilizar e conmemorar o nacemento deste proxecto de hardware libre. Trátase dun evento de ámbito global e organizado pola comunidade, onde os grupos locais se coordinan e propoñen as actividades a realizar no día proposto.

Arduino é unha plataforma de software e hardware libre de prototipado electrónico. É un dos proxectos máis importantes e influentes do hardware libre e do mundo “maker”, grazas a el puideron desenvolverse proxectos e tecnoloxía dunha forma moito máis aberta, democrática e accesible ao gran público como a impresión 3D da man do proxecto RepRap, a robótica educativa co proxecto galego Escronabot, drones empregando ArduPilot

No caso de Galicia contamos con un evento confirmado da man de Makers Lugo, o cal terá lugar en Lugo de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 no CEI-Nodus e componse de:

  • Competicións de sigueliñas e sumo.
  • Exposición de proxectos.
  • Obradoiro de Escornabots.
  • Obradoiro de Bats.
  • Obradoiro de deseño 3D.

Pin It on Pinterest

Share This