O proxecto PISTA-local súmase á Rede de Cooperación Internacional polo Software Libre

O pasado 19 de xullo o coordinador da Rede de Cooperación Internacional polo Software Libre, Marcelo Branco, reuniuse con Tricas Lamana, responsable do proxecto PISTA-local. A xuntanza tivo como resultado a apertura dunha colaboración permanente entre os dous proxectos. Participaron tamén na reunión, que aconteceu na sede do Concello de Lleida, o Sr. Josep Clotet, Xerente  do Institut Municipal d’Informàtica (IMI) do Concello de Lleida e Andreu Ibàñez da asociación Hispalinux.

O proxecto PISTA-local pretende dotar de presenza en Internet aos pequenos e medianos municipios e prover de e-administración aos seus habitantes. PISTA-local é unha iniciativa da “Federación Española de Municipios e Provincias ” (FEMP) e conta co apoio do Ministerio de Industria Turismo e Comercío e do Ministerio de Administracións Públicas de España. A partir deste momento o Proxecto PISTA-Local intégrase na rede internacional de cooperación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal