Logotipo Proxecto AbalarSeguindo a traza doutras administracións públicas, o Proxecto Abalar emprega dende o pasado curso académico a solución de xestión remota de equipos EPOPTES para as aulas dos centros públicos pertencentes á CCeOU e que se encontran adscritos ao mesmo Proxecto Abalar, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O equipo de Sistemas Abalar optimizou a plataforma para axustala ás necesidades do contorno na que se está a empregar, tratando de facilitar a configuración da mesma ao personal docente. Algunhas das modificacións realizadas son: Reconfiguración dos servizos de DHCP dos servidores Abalar instalados nos centros para preservar a IP asignada a cada unha das máquinas, desta maneira os clientes só serán configurados unha vez ao longo do curso académico, así como os scripts de autoconfiguración do propio software nos portátiles dos centros os cales permiten que, coñecendo a IP do equipo empregado polo docente, os equipos cliente se conecten a el sen maior configuración.

EPOPTES é un software usado en moitos países europeos para a xestión remota de aulas. No seu momento o proxecto estivo financiado polo Instituto de Tecnoloxía de computación grego con financiamento europeo. Na actualidade o proxecto está buscando novas fontes de financiamento para manter a actividade do proxecto, namentres é a propia comunidade de usuarios a que está a manter o proxecto corrixindo e mellorando as prestacións.

Proxecto Abalar

O proxecto Abalar, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como obxectivo a integración das TIC na práctica educativa en Galicia, sendo unha das áreas prioritarias de intervención. Actualmente está en funcionamento en 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO de 531 centros, beneficiando a 52.000 alumnos. Grazas a este proxecto avanzouse tamén na formación e fomento da cultura dixital, xa que se formaron a máis de 23.000 docentes, e se impartiron actividades destinadas a alumnado, profesorado e familias (Navega con Rumbo), en preto de 900 centros.

Pola sua parte, o proxecto Aula Aberta Abalar é un espazo adicional aberto e ofrecido polo Proxecto Abalar para por a disposición dos usuarios da comunidade educativa diferentes tecnoloxías de formación.

Pin It on Pinterest

Share This