Na conferencia do partido da CDU (partido do goberno alemán) celebrado esta fin de semana, a CDU decidiu unirse á Free Software Foundation Europe para esixir que o software desenvolto con diñeiro público estea dispoñible publicamente como Software Libre.

A FSFE leva xa un tempo coa campaña “Diñeiro público? Código público!”, que conta co apoio de máis de 170 organizacións e 26.000 persoas.

Matthias Kirschner, Presidente da FSFE, dixo:
“O Software Libre dá a todos o dereito de usar, estudar, compartir e mellorar programas para calquera propósito. Estas liberdades reforzan outros dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, a liberdade de prensa e o dereito á intimidade. A soberanía dixital só pode ser alcanzada a través do Software Libre. Alegrámonos de que a nosa campaña chegase ao partido gobernante CDU e de que os conservadores apoien a nosa esixencia “Diñeiro público? Código Público!”. Agora esperamos que a CDU traballe inmediatamente dentro do goberno para crear a base legal para que o software financiado con fondos públicos sexa liberado baixo unha licenza de Software Libre e de Código Aberto”.

A resolución da CDU di:
“Os estándares abertos e desenvoltos colaborativamente na internet e as interfaces abertas son os principios a partir dos cales avanzamos na dixitalización de Alemaña. Só a través do aperturismo pódese fomentar a competencia; só a través do aperturismo poden os novos actores competir coas organizacións dominantes. Por este motivo, no futuro aplicaranse o seguinte a todos os proxectos (públicos) de dixitalización en Alemaña: a adxudicación de contratos e o financiamento estarán supeditadas ao cumprimento dos principios de código aberto e estándares abertos. Os programas informáticos financiados con fondos públicos deberán estar ao servizo de todos os cidadáns. Ademais, deberá facilitarse o acceso ás APIs libres e abertas aos desenvolvedores independentes”.

O vídeo e outros contidos están dispoñibles para a súa libre distribución baixo unha licencia CC BY-SA 4.0.

Pin It on Pinterest

Share This