Fai uns días a versión 1.0 do navegador web libre Brave viu a luz.

Brave é un navegador web baseado no proxecto tamén libre Chromium, está desenvolvido principalmente pola empresa Brave Software Inc e é presentado baixo o lema “Ti non es un produto“.

As características estrelas están relacionadas coa mellora da privacidade dos internautas como por exemplo bloqueador de anuncios, rastreadores, cookies de terceiros integrados, así como a posibilidade de navegar empregando a rede de anonimato Tor. Nesta ligazón poden verse as características do navegador.

As primeiras versións de Brave apareceron no ano 2016 e sempre tiveron en mente a privacidade dos usuarios. Como unha das últimas características ten a súa plataforma de anuncios non abusivos garantindo a privacidade dos usuarios e tamén o programa de recompensas para os creadores de contidos que reciben doazóns en base a anuncios que o usuario pode ver. Todas as novidades desta versión poden atoparse aquí.

O navegador Brave está dispoñible para múltiples plataformas como son Android, GNU/Linux, iOS, macOS e Windows.

Pin It on Pinterest

Share This