O LIBRECON deste ano terá lugar no palacio Euskalduna de Bilbao o 21 e o 21 de novembro.
Trátase do maior encontro internacional do sur de Europa centrado na innovación tecnolóxica do sector das tecnoloxías libres con enfoque profesional, dende empresas tecnolóxicas ou entidades financeiras á administración pública. A organización deste ano conta con 80 relatores, presenza de arredor de 600 empresas e 1500 asistentes.

O LIBRECON conta este ano con un programa amplo de relatorios, charlas, obradoiros e incluso con áreas para facer networking e contactos de negocio. Dentro dos relatorios podemos atopar a charla de Richard Stallman sobre a filosofía do software libre, unha charla sobre liderazgo de proxectos libres impartida por Giannis Konstantinis de Mozilla, Carlos Rodríguez de Librebit falará sobre como exportar servizos de Galicia a Europa, Fernando Fernández-Valdés de Muutech impartirá unha charla sobre Zabbix máis aló dos centros de datos. Tamén terá lugar unha mesa redonda sobre liberación e reutilización de software na administración pública, charlas sobre como os estándares abertos e software libre inciden na converxencia OT/IT e unha charla falando da tecnoloxía de Blockchain titulada: “Nuevo modelo de colaboración en la administración pública”.

Este evento está organizado por ESLE (Asociación de Empresas de Software de Euskadi)  en conxunto coa ASOLIF (Federación Nacional de empresas de Software libre) e poderán asistir a el todas as persoas que se inscriban e merquen a entrada na páxina web ou ben participen desta como “partners” ou como expositores adquirindo algún dos paquetes para empresas.

 

Pin It on Pinterest

Share This