O mércores día 10 de outubro a Oficina de Software Libre da CIXUG organiza dous obradoiros de instalación de SOXUG na USC.

O primeiro será ás 16:00 na aula de informática da Facultade de Física e o seguinte será ás 18:00 na aula de informática 3 da Facultade de Matemáticas.

No obradoiro axudaráselles ao asistentes a instalar SOXUG que é a distribución mediante a cal os alumnos poderá dispoñer do mesmo entorno do que dispoñen nas computadoras das súas facultades. Durante o mesmo obradoiro tamén se vai facer unha breve introdución ao software libre así como unhas nocións básicas sobre o manexo da distribución SOXUG a cal está baseada en Ubuntu.

Pin It on Pinterest

Share This