O kernel de Linux 5.6, que se publicará a fins de marzo ou principios de abril, admitirá a tecnoloxía VPN WireGuard e o soporte inicial para a extensión MPTCP (MultiPath TCP).

Wireguard proporcionará unha conexión rápida, bo rendemento e un manexo robusto, rápido e transparente de fallos de conexión. Máis fácil de configurar que outras tecnoloxías VPN e implementa os últimos algoritmos de cifrado.

Multipath TCP é unha extensión do protocolo TCP que permite organizar a conexión TCP con entrega de paquetes simultaneamente en varias rutas a través de diferentes interfaces de rede con diferentes direccións IP. Pódese utilizar tanto para ampliar o rendemento como para aumentar a fiabilidade.

Máis información na web do comunicado

Pin It on Pinterest

Share This