O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza un curso sobre o sistema de composición de textos libre LaTeX co enfoque posto nos lingüistas.

O curso titulado “A tese en LaTeX para lingüistas” estará impartido por Vítor Míguez na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega en Santiago de Compostela os días 12, 14 e 15 de febreiro en horario de 10:00 a 14:00.

LaTeX é un sistema sofisticado para a preparación de documentos que permite, á hora de traballar, separar os aspectos do contido dos aspectos estéticos do documento, permitindo centrarse no contido do documento. Mediante este sistema de maquetación libre poden elaborarse documentos con un estilo uniforme e de gran calidade como memorias de teses, “papers” científicos, presentacións…

Para máis información sobre o evento e instrucións para a inscrición pode visitarse a nova na páxina do ILG.

Pin It on Pinterest

Share This