O goberno francés, que xa ten dado pasos cara o uso e o fomento do software libre, pechou o ano lanzando “Blue Hats”, unha comunidade de hackers polo interese xeral segundo os organizadores.

Mediante esta iniciativa pretenden reunir persoas con perfís de desenvolvedores, deseñadores, analistas de datos ou usuarios de software libre con orientación cara a administración pública e con ánimo de compartir coñecemento e experiencias sobre o desenvolvemento e a implantación de proxectos libres en organismos e entidades públicas. É dicir que teñan como denominador común estar ou ter estado traballando en proxectos de interese público e xeral.

O primeiro encontro desta nova comunidade tivo lugar en decembro durante o París Open Source Summit e na cal diversos relatores explicaron as súas experiencias en varios proxectos e iniciativas relacionadas co software libre dentro da administración pública francesa entre os que destacamos o portal que aglutina proxectos libres usados polas entidades públicas “Comptoir du libre“.

Fonte da nova: https://joinup.ec.europa.eu/news/les-blue-hats

Pin It on Pinterest

Share This