O goberno federal de Estados Unidos está a piques de lanzar o seu repositorio de software

Luns, 17 Outubro 2016

Como parte da súa política de software libre, na que cada axencia do goberno debe publicar polo menos o 20 por cento do software que desenvolve como software libre, e da que xa nos facíamos eco no mes de agosto, o goberno federal estadounidense vén de anunciar a publicación dun portal que servirá como repositorio de todo este código fonte.

O portal, code.gov, servirá como repositorio de software e tamén como catálogo de todo o software que o goberno deste país desenvolve e emprega. Será tamén unha colección de boas prácticas e ferramentas para que todas as axencias implanten esta política de software libre, unha iniciativa que recorda ao portal europeo OSOR (Open source observatory), máis coñecido actualmente como joinup.

Destacar tamén que o propio código fonte do portal code.gov foi liberado baixo a licenza Creative Commons Zero, o que é equivalente a donalo ao dominio público.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal