Cataluña lanza a súa propia distribución chamada Linkat 1.0 que se basea en Suse 9.0 e será distribuída entre todos os centros de educación pública desta comunidade. Linkat chega despois de meses de proceso de proba no departamento de educación da Generalitat e as universidades públicas catalás. Este sistema podería ser implantado en máis de 120.000 ordenadores de toda Cataluña.

A orientación desta nova distribución é eminentemente educativa polo que inclúe un amplo paquete de aplicacións con esta fin. Contará tamén cunha tradución de Yast ao catalán, un instalador rápido e manuais de usuario. Estará dispoñible en DVD, CD-ROM e en liveCD podendo ser descargada, ademais, do seu sitio web.

O escritorio por defecto do sistema no LiveCD é GNOME. Agárdase unha versión baseada no OpenSuse 10.1 a finais deste ano.

Máis información: Linkat , Sofcatalá

Pin It on Pinterest

Share This