O Bundeswehr, as forzas armadas unificadas de Alemaña, están a probar o uso de Matrix (software de chat seguro e de código aberto), dixo o ministerio de defensa federal ao parlamento alemán en decembro.

Segundo o ministerio, o software podería ser utilizado potencialmente non só polas forzas armadas senón tamén por outros departamentos do goberno.


A ministra de defensa alemá Annegret Kramp-Karrenbauer anunciou o piloto de Matrix en novembro. (c) imaxe: mvg.do

O uso de Matrix está a ser considerado por un grupo de traballo de especialistas de todos os departamentos do goberno, escribiu o ministerio en resposta ás preguntas escritas da deputada Anke Domscheit-Berg (Die Linke).
A proba do chat seguro foi mencionada nunha sesión informativa ao Bundestag (parlamento) pola ministra de defensa Annegret Kramp-Karrenbauer en novembro.


Xunto ao piloto de Matrix, titulado BwMessenger, a Cancillería alemá e a Oficina Federal de Seguridade da Información (BSI) tamén están a probar Wire, outro servizo de chat de código aberto, desenvolto pola empresa homónima con sede en Suíza.

En Francia, Matrix xa está a ser utilizado por uns 500 funcionarios do goberno central.

Francia adaptou o software para crear a súa propia versión, chamada Tchap. Esta versión foi presentada o ano pasado e permite intercambios totalmente cifrados xunto con contrasinais temporais e a xestión central das contas de usuario.
Francia desenvolveu Tchap xunto con New Vector, a empresa de software con sede no Reino Unido que está a desenvolver Matrix.

O piloto alemán tamén involucra aos desenvolvedores de Matrix, informa o sitio alemán de noticias de código aberto Golem.

Sinala unha mensaxe publicada polo equipo de Matrix en Twitter, dicindo que están contentos de que a cooperación sexa agora ‘pública’.

Máis información na web de joinup

Pin It on Pinterest

Share This