A Web é tendencia novamente. Durante os últimos dous anos, novas e poderosas especificacións axudaron a cerrar o gap entre as aplicacións nativas e as aplicacións web.

Nesta nova era, a Web parece cumprir ao fin a promesa da experiencia multi-plataforma que as compañías andaban buscando, explotando a capacidade de alcance da web e escapando das tendas de aplicacións e os ecosistemas propietarios.

Tecnoloxías como CSS Grid, Web Assembly, WebVR, Web Animations, Service Workers, Web Manifest, Push, Web Payments o Web Credentials xunto con patróns de desenvolvemento modernos como PRPL o Virtual DOM, impulsan o desenvolvemento dunha Web moderna, rápida e segura e para usuarios e desenvolvedores.

Neste contexto, o Google Developer Group Vigo (GDG Vigo) organiza para este vindeiro Xoves 3 de Agosto no Kaleido Coworking Center de Vigo o relatorio The State of The Web onde Salvador de la Puente falará do estado da Web no 2017 e as novas tendencias que se están a percorrer neste sector.

A participación neste relatorio precisa de inscrición previa debido á limitación de prazas dispoñibles. A inscrición e participación ao grupo é totalmente gratis.

GCC Vigo

O GDC Vigo é un grupo sen ánimo de lucro, formado por desenvolvedores de Vigo que teñen o seu obxectivo de aprender e intercambiar coñecementos e experiencias sobre tecnoloxía.

Salvador de la Puente

Salvador é un avezado membro da comunidade Open Source con relevantes contribucións nas tecnoloxías de front-end.

Traballa na actualidade como enxeñeiro sénior para Mozilla desenvolvendo tarefas nas areas de Developer Relations e desenvolvemento de front-end, conta cunha destacada experiencia en I+D como enxeñeiro de Telefónica.

 

Pin It on Pinterest

Share This