O Concello de Teo organiza un curso de edición fotográfico e outro de edición de son, ambos terán lugar no Espazo de Traballo Colaborativo de Solláns e centraranse no uso de ferramentas libres como son GIMP, Darktable e Audacity.

O curso de edición fotográfica impartirase do 10 ao 14 de decembro polas tardes co temario que segue:

  • Manexo e axustes de cámara, trípodes e outros elementos fotográficos.
  • Iluminación
  • GIMP: retoque fotográfico básico.
  • Darktable: revelado dixital de fotografía capturada en formato RAW.

O curso de gravación e edición de son terá lugar do 17 ao 21 de decembro en horario de tarde e os contidos do curso son:

  • Utilización de equipos de captura de son.
  • Edición de son con Audacity.
  • Produción de podcast e radio dixital.
  • Gravación, edición e publicación dun podcast e emisión dun programa de radio online.

Para máis información sobre os curso e a inscrición aos mesmos pódese visitar a nova sobre o evento na páxina do concello.

Pin It on Pinterest

Share This