A Oficina de Atención Cidadá número once do Concello de Barcelona é unha oficina telemática. Durante os meses do confinamento nos que as OAC estiveron pechadas ao público, de mediados de marzo ata finais de maio, seguiuse traballando en atención en liña ou telefónica pero tamén se lle deu voltas a novas ferramentas para facilitar o acceso dixital tendo en conta a fenda dixital. Comezouse a desenvolver unha nova plataforma dixital na que o traballador municipal e usuario puidesen interactuar a través dunha videoconferencia e intercambiar documentación.

Agora é posible facer a través de internet trinta trámites que antes se facían de forma presencial En xaneiro de 2021 púxose en marcha de maneira oficial o novo sistema que atendeu un total de 4.136 consultas en tan só un mes.

A nova canle dixital desenvolveuse con software libre, baseándose en Jitsi (como motor de videochamadas) e Nextcloud (como ferramenta de intercambio de documentación).

Esta iniciativa fixo que outras administracións tamén a usen nas súas oficinas, como é o caso de Pamplona, Rubí ou Sant Cugat. No caso do Concello de Barcelona, está previsto que o mesmo sistema se adapte a outras áreas municipais como a de servizos sociais, seguridade ou mobilidade.

Podedes ver neste vídeo o anuncio do Concello de Pamplona sobre o seu novo servizo de trámites por videochamada ‘Vamos contigo’:

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This