Logo do CNTGMañá martes 24 de marzo, de 16:30 a 20:30 horas, o CNTG acolle nas súas instalacións un seminario sobre seguridade en Linux aplicada a securización de determinados servizos de uso cotián: Securización de servizos habituais en contornas GNU/Linux.

O obxectivo deste seminario consiste en explicar e trasladar aos asistentes a securización dos servizos máis habituais dunha contorna Linux con especial fincapé naqueles asociados a Internet: firewalls (iptables & tcpwrappers), sistemas de detección de intrusos (IDS), securización web e GPG básico (xestión de credenciais de acceso, cifrado de información sensible …)

A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as e técnicos/as de sistemas e, en xeral, profesionais con coñecementos previos do sistema operativo Linux con interese na temática de seguridade .
O relator da xornada será Kenneth Peiruza, consultor IT, formador GNU/Linux e colaborador habitual do centro como docente de cursos LPI. Posúe ampla experiencia en labores de implantación, administración e securización de sistemas informáticos para empresas, tendo exercido ao longo dos seus máis de doce anos de traxectoria profesional como xefe de proxectos de auditoría de seguridade para entidades do sector da banca, seguros, partidos políticos etc..

A axenda do seminario será a seguinte:

  • Firewalls
    • Iptables & tcpwrappers
    • Creación e mantemento de políticas de firewall en Linux
  • Sistemas de detección de intrusos
    • Tripwire. Localización de arquivos alterados no sistema
    • Snort como IDS en rede
  • Securización web
    • Apache
    • Autenticación
    • SSL
    • Mod_security
    • GPG

O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición está aberto ata hoxe mesmo, quedando o acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas condicionado á existencia de prazas libres o propio día de celebración do evento.

Para máis información ou para se inscribir no seminario visite o portal web do CNTG.

Pin It on Pinterest

Share This