O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organiza un curso práctico de Arduino que se impartirá en novembro.

Arduino é un dos proxectos de hardware libre máis coñecidos. Trátase dunha plataforma de prototipado de electrónica que conta con un catálogo de placas con un microcontrolador á que se lle agrega unha ferramenta para o desenvolvemento de software para este microcontrolador.

A plataforma Arduino está tendo cada vez unha maior presenza en ámbitos como a industria 4.0 ou a educación (con proxectos galegos como o Escornabot), por iso dende o CNTG considerouse a realización deste curso que comezará o 5 de novembro. Previo ao comezo haberá que cumprimentar a inscrición, aberta dende o 11 ao 21 de outubro e realizar unha proba de selección o 24 de outubro.

Para máis información sobre a inscrición, proba de selección e os contidos do curso, pode visitarse a páxina do curso.

Pin It on Pinterest

Share This