O CDTIC organiza unha demostración web de Odoo o 15 de febreiro

Mércores, 30 Xaneiro 2019

A sesión organizada polo CDTIC trátase dunha demostración en liña sobre a solución ERP libre Odoo que terá lugar o día 15 de febreiro de 9:20 a 10:15, comezará realizándose unha presentación práctica de Odoo 11 e dos seus módulos para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha PEME, seguirá coa explicación dos módulos de vendas, almacén, compras e contabilidade. Para rematar expoñerase un caso práctico así como a realización dun exercicio práctico.

A sesión demostradora está organizada polo CDTIC coa colaboración da empresa Anubía soluciones en la nube, trátase dunha consultora especialista e partner de Odoo ,que da man de Wilfredo Santana será quen imparta a sesión.

Trátase dunha sesión demostradora que dadas as funcionalidades de Odoo está enfocada a microempresas e PEMEs que estean interesadas en mellorar o tratamento dos datos xerados ao longo da súa actividade loxística e empresarial para mellorar a xestión diaria e toma de decisións.

Pode atoparse máis información así como inscribirse na páxina web do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal