Esta sesión trátase dunha demostración en liña sobre solucións profesionais baseadas en hardware libre que terá lugar o día 8 de marzo de 9:30 a 10:15.

A sesión demostradora está organizada polo CDTIC coa colaboración da empresa socia de AGASOL Strelia Electrotecnia e impartida por Santiago Maroño. Durante a sesión, Santiago realizará unha breve presentación da súa empresa, posteriormente describirá o que é o Hardware Libre e o seu estado actual respondendo a varias das preguntas típicas sobre a materia como que problemas me pode resolver? ou como podo xerar negocio con el? A continuación falará sobre distintas solucións que teñen desenvolvido na súa empresa, incluíndo un caso práctico, e por último presentaranse unhas conclusións sobre a temática.

O público obxectivo deste evento son calquera entidade tanto grandes como pequenas ou mesmo calquera profesional con iniciativas e proxectos baseados en dispositivos electrónicos.

Indicar que no portal Mancomún temos publicado recentemente un artigo sobre esta materia e que conta cunha pequena entrevista á propia empresa Strelia.

Pode atoparse máis información así como inscribirse na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This