Un ano máis a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela acolle a Xornada de Usuarios de R de Galicia que terá lugar o xoves 25 de outubro cuxo programa pode verse na súa páxina web.

O proxecto R é un entorno de desenvolvemento e unha linguaxe de programación libre enfocado no ámbito estatístico. R ten unha presenza moi estendida na comunidade investigadora e na análise de datos, motivo polo cal se veñen celebrando estas xornadas sobre R en Galicia.

Esta edición da xornada de usuario de R está organizada pola Oficina de Software Libe do CIXUG e patrocinada pola AMTEGA e conta con diversos relatorios, charlas e obradoiros onde mostrarán casos de éxito do uso de R en diversos ámbitos, novidades na ecosistema de R, detalles máis técnicos sobre R e para pechar a xornada terán lugar dous obradoiros, un de introdución a R e outro de introdución ao “Big Data” coa biblioteca sparklyr.

A inscrición á xornada é de balde e de libre acceso e pode realizarse cubrindo o formulario da páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This