NVIDIA publica o driver para o kernel de Linux como código aberto

Luns, 16 Maio 2022
NVIDIA publica o driver para o kernel de Linux como código aberto

NVIDIA publicou un driver de código aberto oficial para o kernel de Linux (ata o de agora, ofrecera o soporte para Linux a través dun driver privativo). O driver R515 publícase baixo unha licenza dual (GPLv2 estándar e MIT), para evitar calquera tipo de conflito coa liña oficial do kernel.

O driver limítase ás últimas xeracións de tarxetas gráficas de NVIDIA: Turing e Ampere (GTX 16, RTX 20 e RTX 30), polo que a maioría dos usuarios non se verán beneficiados, de momento.

O soporte de OpenGL, Vulkan, OpenCL e CUDA seguirá sendo privativo. Sen soporte de OpenGL e Vulkan é imposible executar a inmensa maioría dos videoxogos actuais, tamén supón unha limitación á hora de ter unha experiencia plena con escritorios GNOME ou KDE Plasma. OpenCL e CUDA están orientadas a sectores profesionais nos que se traballa con solucións como Blender.

NVIDIA dixo que os módulos para o kernel son opcionais e están listos para produción nas GPU empregadas en centros de datos, mentres que os considera en fase alfa para os modelos de gráficas GeForce e as orientadas a estacións de traballo. NVIDIA dá un primer paso cara a liberación do seu código, veremos onde chega.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal