Novos ThinkPad e ThinkStation de Lenovo con GNU/Linux

Mércores, 30 Setembro 2020

Lenovo puxo á venda os novos modelos ThinkPad e ThinkStation con Ubuntu 20.04 LTS preinstalado.

Canonical explicou no seu blogue oficial:
“anteriormente Ubuntu requiría dunha implementación personalizada nos equipos ThinkPads e ThinkStations de Lenovo. Ao proporcionar unha gama de dispositivos ampliada precargada coa versión OEM de Ubuntu, Lenovo está a eliminar a complexidade na experiencia de usuario para os usuarios de Linux e introduce soporte web e telefónico de extremo a extremo para problemas relacionados coa plataforma”.

Lenovo lanzou ao mercado un total de 27 modelos con Ubuntu.

Os equipos de enxeñería de Lenovo e Canonical realizan miles de probas para garantir que Ubuntu 20.04 LTS e todos os seus subsistemas funcionen sen problemas desde o primeiro arranque.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal