Novos servizos no portal Mancomún

Martes, 1 Febreiro 2011

Todos os usuarios do portal Mancomún tedes dende hoxe a posibilidade de darvos de alta no portal e obter así acceso a unha serie de servizos integrados, isto é, poderedes acceder a eles autenticándovos unha única vez co voso nome de usuario e contrasinal.

Nunha primeira fase ofrecémosvos acceso integrado e centralizado aos seguintes servizos:Acceso aos servizos integrados de Mancomún

  • wiki.mancomun.org
  • Laboratorio de Mancomún
  • O meu portal

O meu portal é unha portada configurable no portal principal www.mancomun.org na que poderá escoller as categorías de novas que son do seu interese.

O Laboratorio de Mancomún é unha das principais novidades. A través deste servizo ofrecémosvos a posibilidade de facer probas de uso nun contorno real dunha plataforma de xestión de proxectos baseada en Redmine, unha ferramenta de axuda na xestión eficiente de proxectos de software libre. O nome de Laboratorio obedece á que se trata dun contorno de probas, non dun servizo estable en produción.

O primeiro obxectivo que queremos acadar con este novo servizo é facilitarlle ás empresas ou persoas interesadas en analizar a funcionalidade e viabilidade de empregar este sistema nos seus procesos, que poida facelo de xeito rápido e doado. Por outra parte, un segundo obxectivo, determinante da escolla da plataforma Redmine, é que os nosos usuarios poidades probalo, enviarnos informes de erros, suxestións de melloras, comentarios sobre a súa utilidade, … de cara a avaliar xunto cos vós se este servizo representan unha mellora substancial respecto dos actuais que aconselle unha migración dos mesmos.

Neste punto cómpre aclarar que A Forxa segue a ser o servizo estable e en produción para a xestión dos proxectos e podedes acceder a el dende páxina de acceso da Forxa empregando o usuario e contrasinal que xa tiñades.

O wiki é o servizo que xa ofertabamos, a novidade é que agora o acceso está integrado no servizo de autenticación central. Para todos aqueles que xa estaban rexistrados no wiki, poden acceder co seu nome de usuario aos novos servizos integrados. Por motivos de seguridade o contrasinal existente previamente no wiki non se importou, polo que para obter un novo contrasinal de acceso global á plataforma deberá empregar o formulario de recuperación de datos de acceso.

As persoas interesadas en rexistrarse no portal Mancomún poden facelo a través do seguinte formulario de rexistro.

Para acceder aos novos servizos pode facerse dende a portada, a través da caixa de login ou dende o Menú Ferramentas do portal, O meu portal.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal