Logo de LPILogo de MongoDBHoxe abre o prazo de inscrición para anotarse aos primeiros cursos do avance da programación do último cuadrimestre do ano do CNTG. Estes cursos comezarán a impartirse nos meses de setembro e outubro.

O Software Libre ten unha forte presencia neste avance de programación, con importantes novidades.

Así increméntanse o número de prazas para os cursos de LPIC1 e Seguridade baseada en software libre, duplicando tamén o número de horas neste último e finalmente incorpóranse cursos oficias sobre MongoDB.

Administración e desenvolvemento de bases de datos MongoDB

Como novidade, o CNTG incorpora á súa grella formativa cursos oficiais de MongoDB, base de datos orientada a dar resposta ao tratamento de datos estruturados e non estruturadas e cunha estreita relación co concepto de Big Data.

Ofertaranse un total de 40 prazas en dúas edicións de “Administración e desenvolvemento de bases de datos MongoDB”, e os/as asistentes poderán realizar de balde dous exames de certificación: MongoDB certified DBA associate e MongoDB certified developer.

A edición da mañá impartirase do 14 ao 31 de outubro, de luns a venres de 09:30 a 13:50 horas , e a de tarde, prioritaria para ocupados/as, impartirase do 13 ao 30 de outubro de luns a xoves de 16:30 a 20:50 horas. O prazo de inscrición remata o 25 de setembro.

O obxectivo deste curso é formar aos asistentes naqueles coñecementos e capacidades necesarias para implementar e manter unha base de datos MongoDB, diagnosticar problemas, optimizar o rendemento, importar e exportar datos e deseñar e establecer políticas axeitadas de seguridade. Igualmente ao remate da acción formativa os/as alumnos/as serán capaces de crear e deseñar aplicacións utilizando MongoDB incluíndo unha introdución a MapReduce.

Dirixido a administradores/as de bases e desenvolvedores/as interesados/as profesionalmente en adquirir competencias e coñecementos en MongoDB.

Administración de sistemas operativos Linux (LPIC 1)

Unha vez máis ofértanse dúas edicións de “Administración de sistemas operativos Linux (LPIC 1)” cuxo prazo de inscrición remata o 25/09/2014. Dada a forte demanda deste tipo de cursos, este ano incrementouse o número de prazas dispoñibles, cun total de 20 na edición de tarde (aberta a traballadores/as desempregados/as e ocupados/as), que se impartirá do 13/10/2014 ao 05/11/2014 de 16:30 a 20:30, e 15 para a edición de mañá (prioritaria para desempregados/as), que se impartirá do 14/10/2014 ao 07/11/2014 de luns a venres de 9:30 a 13:45 horas.

Ambas edicións inclúen a posibilidade de que os asistentes realicen de balde un exame de certificación oficial.

Como en anteriores edicións, este acción formativa trasladará aos asistentes os coñecementos necesarios para seren capaces de traballar coa liña de comandos de Linux, realizar tarefas de mantemento (agregar e asistir aos usuarios/as, avalar e restaurar información), instalar e configurar unha estación de traballo (incluíndo interface gráfica) e conectala a unha LAN ou a Internet. O programa de formación LPI de Linux Professional Institute está deseñado para proporcionar as habilidades necesarias para administrar calquera das distribucións do sistema operativo Linux e as súas ferramentas asociadas.

Está dirixido a persoas que desexen iniciarse profesionalmente na administración de sistemas operativos Linux. Non se trata, por tanto, dun curso dirixido a profesionais con coñecementos avanzados de Linux. O correcto aproveitamento do curso implica como prerrequisito que os/as asistentes dispoñan de coñecementos de informática a nivel de sistemas operativos.

Seguridade baseada en sofware libre. Configuración de servizos e sistemas

Finalmente, incrementouse un número de horas de formación do curso Seguridade baseada en sofware libre. Configuración de servizos e sistemas. Este curso duplica o número de horas respecto da anterior edición, e incorpora contidos relacionados co recoñecemento de rede, ataques, seguridade na capa de aplicación etc …

O curso impartirase do 22/09/2014 ao 17/10/2014 de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. Hai dispoñibles un total de 16 prazas e o prazo de inscrición remata o 08/09/2014.

O obxectivo desta acción formativa consiste en dar e proporcionar ao alumnado información sobre as principais ameazas e vulnerabilidades de seguridade existentes na actualidade para unha organización, achegándolles a formación necesaria para a implementación dos sistemas e servizos de seguridade a aplicar para minimizar os riscos. Así mesmo adquirirán os coñecementos e as habilidades técnicas necesarias para implantar un servidor “proxy”, un “firewall” e un sistema de prevención de intrusos (IPS) nunha rede corporativa.

Dirixido a Técnicos/as e administradores/as de rede e profesionais TI con competencias en materia de seguridade con coñecementos de administración de servidores LinuxPara facilitar e flexibilizar o acceso aos cursos que organiza o CNTG, a maiores do incremento do número de prazas que nesta programación superarán as 920, modificáronse tamén os criterios de selección a aplicar de maneira que a realización dun curso non faga perder a consideración de preferente para ser novamente seleccionado/a e que o número ideal de seleccionados por empresa pasa a ser de 2 (anteriormente 1). Para saber máis ao respecto consulte o documento publicado na sección novas destacadas do portal web, https://cntg.xunta.esPara máis información sobre os cursos sobre os que se abre o prazo e/ou para se inscribir neles prema nesta ligazón: https://cntg.xunta.es/web/cnt/Na primeira quincena de agosto publicarase un cadro resumo cos cursos que comporán a programación formativa deste centro para o período 2014/2015.

Pin It on Pinterest

Share This