Novos cursos de SmartPeme

Martes, 7 Maio 2019

SmartPeme presenta unha nova remesa de cursos dentro dos seus eventos, como os cursos sobre PrestaShop titulado “Crea a túa tenda en liña con PrestaShop” e impartido por Laura Carrera en Ponteareas e Porriño o 21 de maio e o curso sobre Programación con Arduino en Barro, que comeza o 9 de maio e continuará o resto de xoves de mes coa segunda, terceira e cuarta entrega.

SmartPeme

SmartPeme é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que consiste nunha rede de centros da provincia de Pontevedra onde se prestan diversos servizos relacionados coas TIC enfocado nas micropemes e nos autónomos para tratar de potenciar o desenvolvemento da provincia mediante as TIC con diversas actividades como poden ser cursos que en diversas ocasións teñen como temática o software libre.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal