Mozilla lanzou a nova versión de Thunderbird 68, cliente de correo electrónico multiplataforma, libre, e que incorpora tamén cliente de noticias, cliente RSS e chat.

Agora temos a posibilidade de marcar todos os cartafoles dunha conta como lidos ou a autenticación OAuth2 para correo Yandex, ademais de pequenos cambios na interface e melloras no calendario. No modo FileLink, o arquivo adxunto gárdase en servizos externos coa transferencia de só ligazóns a almacenamento externo como parte da mensaxe.

Novas funcións: habilitado por defecto o soporte para gardar arquivos adxuntos a través do servizo WeTransfer, complementos para Dropbox e Box.com, pódense executar filtros periodicamente e melloras tamén nos filtros ao inicio da sesión.

Engadiuse un motor de políticas que permite personalizacións de Thunderbird en contornas empresariais, utilizando a Política de grupo de Windows ou un arquivo JSON, Protocolo TCP keepalive para IMAP, soporte completo para Unicode nas interfaces MAPI.

Os datos da hora da zona poden agora incluír cambios pasados e futuros no calendario.
Pódese seleccionar un idioma individual para corrixir a ortografía por conversación no chat.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This