O xoves 19 de xaneiro, ás 19.30 horas, terá lugar o meetup organizado por WordPress Coruña: “Configura a tua web con GA4 antes de que sexa tarde”, nas instalacións de WekCo (Av. Novo Mesoiro, 2, A Coruña).

Este relatorio é para todas aquelas persoas que saben que se lles escapa o tempo e aínda non fixeron cambio de versión. Veremos como funciona GA4, as súas constantes mudanzas e como configurar eventos utilizando Tag Manager para sacarlle o máximo partido. Daremos unha serie de recomendacións de uso e incluso abriremos unha páxina web para mostrar o proceso en vivo.

Estará connosco Pablo Roca, consultor SEO e especialista en marketing dixital. Pablo é membro da comunidade de WordPress e creador da Agencia Juicer Marketing. A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos.

Apúntate, só hai 35 prazas!!

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This