Novo estilo para Google Fonts

Venres, 17 Xuño 2016
Google Fonts o popular directorio interactivo de fontes de texto de tipo open-source optimizadas para a web acaba de estrear un renovado deseño da súa web. Google Fonts é un servizo ofrecido por Google que facilita a proba de todas as fontes de licenza aberta moi doadamente dende a propia web.  

Trátase dun servizo dunha relevante utilidade para os deseñadores gráficos e outros perfís do mundo do deseño web que poden contar con esta ferramenta para poder avaliar e xogar cun considerable número de fontes (preto de 800) totalmente á súa disposición para os seus traballos.

No novo enfoque do portal pódese manipular a presentación do contido, mesmo se pode cambiar a disposición e cor de fondo da web para ver como se adapta a fonte seleccionada a determinadas variacións de estilo. Google Fonts ofrece tamén unha potente ferramenta de comparativas e filtrado das distintas fontes que facilita a busca das fontes máis axeitadas.

Todas as fontes subidas e dispoñibles, segundo a política de servizo, teñen que ser licenciadas con criterios compatibles coa definición de Open Source.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal