Esta semana arrancamos coa publicación do primeiro artigo da serie de Zabbix orientado a ITIL, como solución para a monitorización de redes e servizos, logo continuamos cun achegamento ao estándar SCAP de seguridade das TIC e rematamos hoxe co inicio doutra serie de artigos sobre a temática da ciberseguridade, tratando neste caso a detección de intrusos.

Así pechamos esta semana facendo unha análise técnica do sistema OSSEC HIDS (Host Intrusion Detection System) de código aberto. Un sistema de detección de intrusión en equipos ten como cometido o de analizar os rexistros dos eventos que suceden nun sistema operativo, comprobar a integridade do mesmo, auditoría do rexistro dos equipos Windows, detección de rootkits, alerta en tempo real e da resposta activa a todos estes sucesos.

Continúe lendo o artigo OSSEC: Sistema de detección de intrusos

OSSEC: Sistema de detección de intrusos

Pin It on Pinterest

Share This