Hoxe publicamos un novo artigo tecnolóxico, esta vez adicado á solución de software libre Zabbix, unha ferramenta que permite manter monitorizados todo tipo de servizos despregados a través dunha rede interna ou de Internet, así como o hardware que se emprega para elo.

Como sempre facemos neste tipo de artigos, tentamos contactar con empresas galegas que teñan empregado esta solución, tanto do punto de vista de empresas usuarias, como de empresas que ofrecen servizos con ela, entrevistándoas para coñecer de primeira man o estado de madurez da mesma, as súas vantaxes, e a experiencia de uso nun entorno real.

Así, nesta ocación, escoitaremos de primeira man os casos de éxito de implantación de Zabbix por parte das empresas Hijos de Rivera (Estrella Galicia) e Hogarlín S.A. e falaremos con dous provedores galegos de Zabbix, Muutech e ALDABA que nos achegarán as súas impresións sobre esta tecnoloxía e sobre os servizos que se poden ofrecer como provedor da mesma.

Zabbix: Monitorización con Software Libre

Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL. Entre as súas características destacan:

  • Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
  • Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
  • Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.

Servizos do Centro demostrador TIC de Galicia

Para finalizar lembrar algúns dos servizos que o Centro Demostrador TIC, o CDTIC, pon a disposición das empresas galegas. A través do servizo PresentaTIC as empresas do sector TIC teñen a súa disposición o espazo e os medios precisos para amosar as súas solucións TIC ante clientes potenciais mediante a celebración de sesións de demostracións ou presentacións.

Así mesmo lembrar que o MapaTIC.gal, é unha ferramenta de referencia para o CDTIC de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia e polo tanto punto de información para a elaboración deste tipo de artigos de difusión tecnolóxica.

E por último, o CDTIC Virtual, un servizo de aplicacións na nube, no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións en software libre, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou persoal con coñecementos avanzados de sistemas informáticos. Este servizo está a incorporar pouco a pouco novas aplicacións, moitas delas presentadas en anteriores artigos tecnolóxicos e entre as que en breve estará tamén Zabbix.

Pin It on Pinterest

Share This